O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Asociación Provincial de Empresas de Distribución, entre eles o seu presidente, Eloy GarcÃa, para explicar as distintas liñas de axuda postas en marcha polo Goberno galego para a reactivación económica.
Arias sinalou que están en prazo de presentación de solicitudes os tres programas do Plan de Rescate da ConsellerÃa de Emprego e Igualdade, que suman un orzamento de 84 millóns de euros e están orientados especialmente aos autónomos -con ou sen empregados a cargo- e ás microempresas. Ademais, o Igape convocou unha liña extraordinaria de préstamos para empresas afectadas pola situación sanitaria, dotada con 10 millóns de euros.