Inicio Galicia Arias confirma que o futuro centro de saúde de Antas de Ulla...

Arias confirma que o futuro centro de saúde de Antas de Ulla incluirá unha sala polivalente e ampliará os espazos de consulta

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial e técnicos do Sergas xunto co alcalde, Javier Varela, visitaron hoxe a parcela proposta para acoller as novas instalacións


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou hoxe que o futuro centro de saúde de Antas de Ulla incluirá unha sala polivalente e ampliará os espazos destinados a consultas. Arias realizou estas declaracións no marco da visita de inspección realizada hoxe á parcela proposta para acoller o edificio.

O delegado, técnicos do Sergas e o alcalde, Javier Varela, visitaron os terreos que o concello pon a disposición da Xunta para albergar a construción, en base ao protocolo de colaboración asinado entre ambas administracións o pasado mes de febreiro. Arias explicou que a previsión é asinar un novo acordo polo que o concello tramitará a cesión do solo libre de cargas e o Sergas licitará o proxecto e as obras de construción do centro.

O delegado asegurou que “existe unha clara vontade de avanzar neste proxecto para dotar ao municipio dunhas instalacións sanitarias amplas, modernas, confortables e eficientes”. Neste sentido, sinalou que o Plan Funcional proposto pola Área Sanitaria de Lugo suma aos servizos existentes actualmente unha sala polivalente que poderá utilizarse para atender curas ou urxencias e contribuirá a liberar as consultas de enfermaría.

Arias lembrou que o Sergas optou por construír un novo centro de saúde debido ás necesidades de espazo e acondicionamento que presenta o edificio actual, que requiriría dunha rehabilitación integral cun custo igualmente elevado e coa dificultade engadida de ter que trasladar a actividade asistencial a outro espazo durante as obras de reforma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre