Inicio Galicia Aprobada a creación dun grupo de traballo para o estudo e análise...

Aprobada a creación dun grupo de traballo para o estudo e análise do xogo responsable

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, presidiu esta xuntanza, na que tamén se avaliou o inicio dos traballos desta nova Lei do xogo


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión do Xogo de Galicia, na que se aprobou por unanimidade a creación dun grupo de traballo co obxectivo de levar a cabo estudos e análises en materia de xogo patolóxico e prevención da ludopatía para acadar, entre todos, a finalidade última do xogo responsable. Tamén se encargarán da emisión de propostas para o seu debate no seo desta Comisión.

Acordado por unanimidade, a creación deste grupo de traballo ten como obxectivo dar voz a sectores cuxas achegas deben ser tidas en conta, especialmente no eido da prevención de condutas aditivas derivadas do xogo patolóxico. Por iso, neste novo espazo de traballo estarán representados os diferentes subsectores do xogo, así como asociacións de loita contra a ludopatía, a Universidade e a Administración.

Ademais, na reunión da Comisión tamén se abordaron outros asuntos de interese, como a avaliación do inicio dos traballos para a elaboración desta nova Lei, así como o resultado do proceso de consulta pública previa, durante o que presentaron propostas un total de 14 entidades e particulares interesados.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el proyecto de Altri, que ve "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

Cómpre recordar que o obxectivo desta nova Lei é regular e controlar o xogo en Galicia, e garantir un uso responsable, a través do establecemento de limitacións e controis no seu desenvolvemento.

Entre os obxectivos da norma autonómica, está o establecemento dun maior control por parte da Administración dos perigos e os riscos derivados dun abuso ou dun exercicio incontrolado do xogo, o establecemento duns principios e unha política de xogo responsable, e unha actualización da norma que recolla as necesidades do sector e da sociedade en xeral na procura dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable. 


- Te recomendamos -