Inicio Galicia Ao latexo das letras homenaxeará a María Victoria Moreno coa música e...

Ao latexo das letras homenaxeará a María Victoria Moreno coa música e a palabra en Galicia e en Portugal

0

O secretario xeral de Política Lingüística, o director da Agadic e o gaiteiro Óscar Ibáñez presentaron hoxe en rolda de prensa a xira que inclúe concertos na Illa de Arousa, Melide, A Estrada, Lisboa e Ponte de Lima

Ao latexo das Letras, a nova proposta musical do gaiteiro e frautista poiense Óscar Ibáñez, homenaxeará a María Victoria Moreno coa música e a palabra en Galicia e en Portugal. Así o deron a coñecer hoxe pola mañá en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañados de Óscar Ibáñez e da poeta Tamara Andrés. A xira inclúe concertos, do 5 ao 18 de maio, na Illa de Arousa, en Melide, na Estrada, en Lisboa e en Ponte de Lima, coa participación de Óscar Ibáñez & TRIBO e da poeta Tamara Andrés, ademais da doutros moitos gaiteiros e bailadores convidados.“Ao latexo das Letras fusionará a música coas palabras de María Victoria Moreno, a través dos seus textos, para festexar o 17 de maio, cunha proposta que quere sumar a lingua galega e tender pontes cara a lusofonía para facela tamén partícipe desta data tan sinalada para nós”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, quen salientou que se trata dunha iniciativa apoiada polo seu departamento no marco da programación institucional das Letras Galegas 2018 posta en marcha desde a Xunta e do desenvolvemento da coñecida Lei Paz-Andrade.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

Pola súa banda, Jacobo Sutil indicou que os dous concertos que integran a xira desde as redes de distribución da Agadic responden a dous modelos distintos de dinamizar a cultura no noso país e de facela accesible ao maior número de espectadores. “Son dous xeitos complementarios de programar espectáculos, e tamén dúas maneiras diferentes que se ofrecen ao público para gozar das propostas producidas polos artistas e creadores galegos", expresou. O director da Agadic aproveitou a presentación para destacar o papel determinante do noso idioma na creación e na existencia actual dunha industria cultural galega propia, así como o mérito dos músicos galegos que, como no caso de Ibáñez, buscan novas fórmulas para transmitirlle ao público non só o seu virtuosismo interpretativo, senón tamén o seu traballo investigador sobre a nosa tradición cultural e musical, á que incorporan unha mirada actualizada para transformala en espectáculos propios do século XXI.

Cinco citas, do 5 ao 18 de maioOs concertos de Melide e da Estrada cos espectáculos Alén do mar e Ponte Atlántica respectivamente, forman parte das redes Cultura no camiño -a programación que a Consellería de Cultura, a través da Agadic, mantén xunto con Turismo de Galicia e co patrocinio de Gadis para levar ata o 30 de setembro un total de 342 funcións e concertos por 103 concellos galegos polos que discorre algunha das rutas xacobeas- e Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, como parte do calendario para o primeiro semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O conxunto do ciclo conta ademais coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Leer más:  La Xunta informa a los jóvenes que no hay dinero disponible para las ayudas de alquiler solicitadas en 2022

Así, a música de Oscar Ibáñez e os textos de María Victoria Moreno na voz de Tamara Andrés poderanse gozar o 5 de maio no Auditorio da Illa de Arousa; o 13 de maio na Festa do Melindre de Melide; o 16 de maio no Teatro Principal da Estrada; o 18 de maio en Lisboa, no marco do Festival Internacional da Máscara Ibérica e o 19 de maio no Expolima Pavilion de Ponte de Lima, dentro da programación do Festival Inter-Atlántico de Gaita de Foles.

A entrada para o concerto no Auditorio da Illa de Arousa é de 12 €, anticipada 10 € disponible en liña en www.ticketea.com e física no Bar O Museo, Lotaría San Xulián e Gradisela Arousa. A entrada para o Teatro Principal da Estrada é de 5 € e está dispoñible no departamento de Cultura do Concello da Estrada. Os concertos de Melide, Lisboa e Ponte de Lima son de balde.Óscar Ibáñez & TRIBO, Tamara Andrés e gaiteiros e bailadores convidadosÓscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que fusiona a música desde a raíz, a medio camiño entre a investigación e a creación, e que dá como resultado un novo e único son. Desde os seus comezos en distintos grupos de música tradicional, cos que percorreu Europa enteira, e participou en numerosos concursos de prestixio de gaita galega nos que acadou máis de 40 recoñecementos.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

Participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan Alén do Mar (2012) e Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela no 25º aniversario do seu pasamento (2017), e publicou os libros-cd Os montes de Lugo (2007), O quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical (2009) e Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó. Gravacións históricas de Xosé Filgueira Valverde (2015).

Coa banda Óscar Ibáñez & Tribo, levou a súa música por toda la península, Bretaña e Italia e participou nalgúns dos festivais internacionais máis importantes coma o Intercéltico de Lorient, o Capodanno Céltico, o do Mundo Celta de Ortigueira, o Intercéltico do Morrazo,o da Luz, o Folk de Guísamo,o Folk das Pontes, o Internacional Celta Reino de León, o Folk Canarias, o Sauga Folk (Cantabria) ou o Intercéltico d’Occidente (Asturias), entre outros. 


- Te recomendamos -