Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo salienta que a nova sede do CGAC en Lugo...

Anxo M. Lorenzo salienta que a nova sede do CGAC en Lugo exercerá como ?polo de atracción da creatividade local?

0

O director xeral de Políticas Culturais asegurou que esta nova dotación contará cun proxecto museográfico propio vinculado á colección desta institución

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, salientou que a nova sede do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) que se instalará no Pazo de Dona Urraca, no barrio lucense da Tinería, exercerá como “polo de atracción da creatividade local” e xerador de talento para a capital lucense. Durante unha intervención no Parlamento, salientou que esta nova dotación “non será só unha sala de exposicións”, senón que desenvolverá un proxecto museográfico propio que estará vinculado á colección CGAC.

Este proxecto enmárcase dentro do Plan de impulso do turismo cultural en Lugo presentado esta mesma semana, un documento que, segundo o responsable de Políticas Culturais, favorecerá a renovación e mellora das dotacións existentes. Dentro deste programa, contémplase que a futura sede do CGAC en Lugo poida acoller proxectos creativos de destacados artistas contemporáneos vinculados ás artes visuais, tanto nacionais como internacionais, o que permitirá poñer á disposición da cidadanía lucense un novo equipamento cultural de primeiro nivel.

Precisamente, Anxo M. Lorenzo avanzou que esta nova dotación permitirá atraer a Lugo “o mellor da oferta cultural e artística de Galicia”, co obxectivo de que esta poida dialogar cos novos creadores locais, potenciando e proxectando o seu traballo. Neste sentido, sinalou que a nova sede do CGAC en Lugo permitirá desenvolver un proxecto museográfico propio que contará co respaldo do ambicioso programa cultural levado a cabo pola institución, con máis de 25 anos de historia, o que permitirá impulsar a actividade cultural da cidade de Lugo.

Oficina de Turismo na Casa-TorreDentro do plan contemplado para a cidade de Lugo inclúese tamén a rehabilitación da Casa-Torre da Tinería, anexa á Muralla, que acollerá a Oficina de Turismo da Xunta de Galicia, integrando nun mesmo edificio distintos servizos para os visitantes e propiciando sinerxías co sector.

Tamén acollerá a sede da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, facilitando a súa labor de promoción na provincia, e contará con aulas multiusos para a formación e a realización de actividades vinculadas co sector en pleno casco histórico. Ademais, disporá dun centro enogastronómico enfocado ao produto local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre