Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo salienta o valor das redes sociais como "aliadas" no...

Anxo M. Lorenzo salienta o valor das redes sociais como "aliadas" no reforzo e democratización do acceso á cultura

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe aos asistentes ao encontro #CulturaLike organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura no que participan dous destacados divulgadores culturais en liña como son Jaime Altozano –con máis de dous millóns de seguidores nas súas redes sociais– e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista –con máis de 40.000 só na canle de Twitter– para dar a coñecer as chaves do seu éxito na creación de contidos culturais de impacto en Internet.

Anxo M. Lorenzo animou aos asistentes a tirar proveito da experiencia e dos consellos destes dous divulgadores de éxito para crear contidos culturais en liña “non só de impacto nas redes sociais, senón sobre todo de calidade”. Neste senso, salientou o papel de “aliadas e cómplices” que teñen as redes sociais para “reforzar e democratizar” o acceso da cultura, “diluíndo os límites que impoñían ata agora os espazos físicos tradicionais”. Precisamente, un dos obxectivos deste encontro é demostrar como estas ferramentas son un importante instrumento para difundir a arte fóra dos espazos museísticos, rachando coas canles de acceso convencionais e permitindo espallar, e democratizar sen lindes territoriais ou académicos contidos e coñecementos culturais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre