Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo salienta a singularidade das obras de Xesús Carballido na...

Anxo M. Lorenzo salienta a singularidade das obras de Xesús Carballido na apertura da mostra ?Seica no Museo do Mar de Galicia'

0

O secretario xeral de Cultura e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron na inauguración da exposición

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou a singularidade e a calidade das obras de Xesús Carballido na inauguración da mostra Seica no Museo do Mar de Galicia, que permanecerá aberta a partir de mañá e ata o 1 de novembro na sala de exposicións temporais do museo vigués. Ao acto de apertura tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

A mostra componse de preto dun cento de obras do artista, natural do concello ourensán do Carballiño, entre as que se atopan dúas series de temática mariñeira elaboradas especificamente para esta exposición. Nos seus traballos, o autor bota man de todo tipo de pequenos obxectos, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias ou etiquetas de produtos comerciais, para conformar as súas pezas.

Neste sentido, o artista traballa cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compoñer dunha maneira equilibrada unha nova obra de arte. Trátase de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando lembranzas, recordos e ideas.

Exposicións en Galicia, Francia ou CubaXesús Carballido (O Carballiño, 1954) comezou a expoñer individualmente en 1992, en Noia, aínda que na actualidade as súas obras xa foron exhibidas na meirande parte das cidades e principais vilas galegas así como noutras urbes españolas e do resto do mundo.

De feito, colectivamente apareceu na terceira Mostra Unión Fenosa de 1993 e posteriormente a súa obra estivo presente en mostras de Ourense, A Coruña, Castela A Mancha, Madrid, Francia e Santiago de Cuba. Do mesmo xeito, atópase representado na Colección de Unión Fenosa da Coruña, na Colección de Arte Abanca e na Fundación Granell de Compostela, así como noutras coleccións de Galicia e Cuba. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre