Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo salienta a importancia da Feira do libro da Coruña...

Anxo M. Lorenzo salienta a importancia da Feira do libro da Coruña para avanzar na reactivación do sector editorial

0

O director xeral de Políticas Culturais participou na inauguración desta cita apoiada pola Xunta de Galicia que se celebrará ata o vindeiro día 10

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de A Coruña, unha das principais citas dentro do calendario de Feiras de Galicia 2020 que se celebrará nos Xardíns de Méndez Núñez desde hoxe ata o 10 de agosto co apoio da Xunta de Galicia e a participación dun cento de autores e preto de 20 librerías.

Durante o acto de inauguración, que contou coa participación de Érica Esmorís, o representante da Xunta de Galicia celebrou a acollida que tiveron ata agora todas as citas incluídas no calendario de Feiras de Galicia 2020 e convidou á cidadanía a “seguir impulsando a reactivación do sector editorial galego”, especialmente nun contexto tan delicado como o actual.

Cómpre lembrar que con este mesmo obxectivo de reactivar o sector editorial, o Goberno galego publicou onte no Diario Oficial de Galicia a convocatoria extraordinaria das axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e mellorar as coleccións bibliográficas e axencias públicas de lectura integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia por 300.000 euros, o que supón un incremento do 54% no apoio habitual neste ámbito.

A cita da Coruña, igual que todas as que se están a celebrar en Galicia, vaise celebrar adaptada ao contexto da covid-19 ofrecendo unha actividade á altura do sector editorial galego e que, ao tempo, sexa segura para todo o mundo. A este respecto, Anxo M. Lorenzo agradeceu “o enorme esforzo que está a facer a Federación de Librarías de Galicia” e a disposición dos centenar de autores que estes días asinarán exemplares na cidade da A Coruña.

Esta nova edición da Feira do Libro de A Coruña, que conta co apoio da Xunta de Galicia, estará aberta ata o vindeiro luns 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez entre as 11,00 e as 14,00 horas e, xa de tarde, entre as 18,00 a as 22,00 horas. Ademais os fins de semana e festivos o horario de mañá alongarase ata as 14,30 horas. Durante estes días achegaranse as instalacións máis de 110 autores para asinar exemplares.

Ademais, contarán cun espazo propio as librarías e editoriais Pedreira, Nobel Coruña, Hércules Ediciones, Aenea, Komic Libraría, Metropolis Comics Coruña, Grupo Planeta, Alvarello Editora, Moito Conto, Cortizas, El Faro de los tres mundos, Alita Comics, A Gata Tola e Azeta que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros.

Nove paradasO calendario das Feiras do Libro 2020, que contan cunha liña de actuación permanente desenvolvida pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, está composto por nove paradas. Tras o seu paso por A Coruña, as seguintes serán Foz, do 20 ao 23 de agosto; Monforte de Lemos, do 26 ao 29, e Ourense, do 9 ao 12 de outubro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre