Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo pon en valor a cultura xacobea na inauguración da...

Anxo M. Lorenzo pon en valor a cultura xacobea na inauguración da mostra ?Vía Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia?

0

O director de Políticas Culturais participou hoxe en Braga na apertura desta exposición que inclúe fotografías de Luis Gabú, Tino Viz e Santi López

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Braga na inauguración da exposición Via Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia, formada por fotografías de Luis Gabú, Tino Viz e Santi López, onde puxo en valor a cultura xacobea e o importante legado do Camiño de Santiago.

Trátase dunha mostra na que os artistas, transformados en peregrinos, mostran a súa vísión e as sensacións personais que lles suxire cada unha das sendas de peregrinación elixidas. Neste senso, as fotografías expostas en Braga reflexan os encantos da paisaxe galega, a vivencia dos peregrinos que camiñan ata Santiago e a destacada herdanza cultural que atesora a Ruta Xacobea. Así mesmo, evidencia a multiforme esencia do Camiño, o seu carácter internacional e o sentido hospitalario que os galegos demostran.

A inauguración desta exposición enmárcase na celebración da XII edición dos Xogos do Eixo Atlántico, unha competición transfronteriza que se celebra con carácter bianual e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Ao abeiro deste evento, que este ano organiza a cidade de Braga, o Goberno autonómico tamén impulsará un ciclo de cinema galego e dúas actuacións musicais.

A exhibición de cine levarase a cabo no Auditorio Casa dos Crivos e incluirá a proxección das películas Trote, de Xacio Baño; La sombra de la ley, de Dani de la Torre; Trinta Lumes, de Diana Toucedo; Hamada, de Elou Domínguez, e Mimosas, de Oliver Laxe. A programación musical, pola súa parte, está composta por unha actuación do Trío de MJ Pérez, no Fórum de Braga, e outra de Sheila Patricia & Raul Chiocchio, no espazo da Feira do Libro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre