Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo participa na presentación do documental 'Revisitando a Antonio Fraguas'

Anxo M. Lorenzo participa na presentación do documental 'Revisitando a Antonio Fraguas'

0


O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do documental Revisitando a Antonio Fraguas, un proxecto audiovisual dirixido por Gonzalo Veloso que apoia a Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia. A peza será un dos elementos centrais da exposición co que o Museo do Pobo Galego lle rende tributo a Antonio Fraguas, autor homenaxeado pola RAG o 17 de maio, e exhibirase a partir do día 14 deste mes en San Domingos de Bonaval. Ten como obxectivo dar a coñecer a figura, a obra e a vida de Fraguas, está dirixida a todos os públicos e colaboran nela, entre outros, Justo Beramendi, Clodio González, María Xosé Fernández e Víctor F. Freixanes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre