Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo participa na presentación da undécima edición do ciclo de...

Anxo M. Lorenzo participa na presentación da undécima edición do ciclo de música clásica de Barcia de Mera

0

A igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello pontevedrés de Covelo, acollerá un amplo programa de concertos ata setembro


O director xeral de Polítcas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no acto de presentación do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa undécima edición. Trátase dun amplo programa de música clásica que se desenvolverá ata o mes de setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello pontevedrés de Covelo.

A xa tradicional cita cultural atrae cada ano a máis público para gozar da música clásica nunha contorna que non é a habitual para este tipo de espectáculos. “Este ciclo de música clásica converte o templo de Barcia de Mera durante a primavera e o verán galegos, en punto de encontro para os afeccionados á música clásica, pero tamén favorece que outra xente poida realizar un primeiro achegamento a estas obras, ás que non sempre foi fácil o acceso”, explicou Anxo M. Lorenzo durante a presentación da iniciativa.

O director xeral de Políticas Culturais tamén destacou a calidade da oferta que conforma a undécima edición do ciclo, coas actuacións de grupos como Vox Stellae o cuarteto Novecento ou os grupos El Afecto Ilustrado e Capella Finisterrae. Tamén participarán os dúos Ara e Vlashi.

En total, están previstos sete concertos, un cada mes coa excepción de agosto, cando haberá dúas citas. O concerto inaugural celebrarase o vindeiro sábado 27 de abril co dúo Vlashi cunha actuación de violín e violonchelo dedicado a Albinoni e denominado Concierto das velas, xa que a igrexa só estará iluminada con velas. Para pechar o ciclo, o grupo de cámara El Afecto Ilustrado actuará nesta mesma igrexa o sábado 21 de setembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre