Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral das XXI Xornadas de Homenaxe...

Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral das XXI Xornadas de Homenaxe Valle-Inclán

0

No acto, organizado polo Museo Valle-Inclán en colaboración coa Xunta de Galicia, plantouse unha camelia japónica e realizouse unha breve lectura sobre as referencias que o escritor fai a esta especie botánica nas súas obras

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na ofrenda cívica celebrada en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán nos xardíns que levan o seu nome. O acto enmárcase nas XXI Xornadas de Homenaxe ao escritor galego organizadas polo Museo Valle-Inclán en colaboración coa Xunta de Galicia.

Este é un dos actos máis significativos da programación e incluíu a plantación dunha camelia japónica na honra do creador do esperpento, así como unha breve lectura sobre as referencias que o escritor fai a esta especie botánica nas súas obras.

Anxo M. Lorenzo destacou a diversidade das propostas que ofrecen estas xornadas que comezaron o pasado mes de outubro e incluíron presentacións de publicacións, obras de teatro ou concertos. A programación continúa neste mes de novembro co faladoiro a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina e coa presentación da ficción en galego O meu bisavó, cuxo relato ten lugar na torre de Bermúdez.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre