Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo participa na apertura do curso ?Carlos Gurméndez? que dedica...

Anxo M. Lorenzo participa na apertura do curso ?Carlos Gurméndez? que dedica a edición deste ano ao futuro de Europa

0

Baixo o lema ‘Labirinto Europeo’ o seminario conta coa presenza de Enrique Barón Crespo, expresidente do Parlamento Europeo

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M, Lorenzo, participou hoxe na inauguración do 22º Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez que se celebra durante tres xornadas no Campus Esteiro de Ferrol. Baixo o lema Labirinto Europeo, a edición deste ano céntrase no pasado, presente e futuro de Europa coa colaboración de expertos internacionais como Enrique Barón Crespo, expresidente do Parlamento Europeo e actual presidente da Unión de Europeístas e Federalistas de España, encargado da apertura do curso coa conferencia UE: os desafíos da nova lexislatura.

Ademais, entre os ponentes que participan na xornada de hoxe, tamén están Artak Mkrtichyan, secretario académico do Instituto Universitario de Estudios Europeos Salvador de Madriaga, que ofrece a charla A cidadanía europea, e José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, que fala sobre Forma e dor: as feridas do século no cinema europeo.

As actividades continuarán mañá xoves coas conferencias Cidadáns marca Europa: Financiación ou Emoción?, impartida por Cristina Couto, xefa de equipo de Europa Direct; O xudaísmo e Europa, de Alberto Sucasas, profesor de Filosofía da Universidade da Coruña, e Os muros europeos contra a inmigración, ofrecida pola xornalista María Martín Delgado. Para terminar a xornada, Carmen Fernández, profesora honoraria e catedrática de historia da Universidade da Coruña, abordará As revolucións liberais europeas.

O curso Carlos Gurméndez rematará o venres. Este día, Delia Manzanedo, profesora de Filosofía da Univeridade Rey Juan Carlos de Madrid, abrirá a xornada coa charla A dimensión europeísta do krausismo e a súa actualidade. Posteriormente, José Manuel Blanco, subdirector xeral de Análise e Programación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, ofrecerá a conferencia Fondos da UE para incrementar a fecundidade e paliar o avellentamento. Xa pola tarde, clausurarán o seminario Martín Alonso Zarza, doutor en Ciencias Políticas, e Manuel Barrios, catedrático de Metafísica da Universidade de Sevilla, que ofrecerán as ponencias De Weimar ao Brexit: eixos narrativos da gramática nacionalpopulista e Literatura e Identidade europea respectivamente.

Este curso está dirixido e coordinado por Alberto Sucasas e Esperanza Piñeiro, respectivamente, e promovido polo Club de Prensa de Ferrol co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial da Coruña e da Universidade da Coruña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre