Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo inaugura a mostra ?Reducción? de Felipe Romero, gañador do...

Anxo M. Lorenzo inaugura a mostra ?Reducción? de Felipe Romero, gañador do VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

0

Nesta edición concorreron 130 traballos de 37 países

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Reducción, de Felipe Romero, gañador do VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, certame convocado polo Festival Outono Fotográfico, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo que ten por obxectivo promover novas creacións nesta disciplina artística. Anxo M. Lorenzo destacou a importancia do premio, no que en anteriores edicións participaron autores referenciais. Nesta edición presentáronse un total de 130 traballos de 37 países.

Este premio constitúe unha plataforma para dar a coñecer o talento dos creadores que están a empregar as linguaxes fotográficas actuais para producir o seu traballo. En virtude disto, a obra fotográfica gañadora deste certame estará exposta na Deputación provincial de Lugo. As persoas que visiten a mostra atoparán un ensaio que mestura documentalismo e investigación con postas en escea a través de tres narrativas estéticas a través das cales amosa posturas e técnicas de redución policiacas.

O certame está dotado cun único premio que consiste na produción dunha exposición temporal que poderá itinerar durante dous anos no marco da programación do Festival Outono Fotográfico, e tamén da que promovan tanto a Deputación de Lugo como a Xunta de Galicia. As exposicións que viron a luz no marco deste certame percorreron diversos puntos tanto de Galicia como do resto da Península Ibérica, entre eles Vigo, A Coruña, Ferrol, Segovia, Valladolid, Braga e Lisboa. Ademais, algunhas das mostras chegaron tamén a Fortaleza (Brasil), Atenas (Grecia), París (Francia) e Oslo (Noruega).

A edición do libro co traballo gañador, dentro da serie Premio Galicia de Fotografía Contemporánea da colección OF, completa o galardón deste certame fotográfico. Ademais, unha selección de fotografías do proxecto formará parte do libro do Festival Outono Fotográfico do ano seguinte.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre