O secretario xeral de Cultura participou no acto de entrega do XVIII premio de poesÃa Afundación, patrocinado pola Xunta, que recibiu Oriana Méndez
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na entrega a Oriana Méndez, gañadora da XVIII edición do Premio de PoesÃa Afundación, un galardón que esta entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia.
O representante da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade destacou que este recoñecemento sitúa a Oriana Méndez como unha voz consolidada tanto na lÃrica galega como no panorama literario contemporáneo e felicitouna pola súa traxectoria e por Interna, poemario merecedor do galardón.
Anxo M. Lorenzo salientou a importancia deste tipo de certames e iniciativas para a consolidación do proceso e dos espazos creativos dos creadores e recordou que son moitos os autores de prestixio que contan co Premio de PoesÃa Afundación entre os recoñecementos á súa obra.
Neste sentido, o secretario xeral de Cultura reiterou o apoio da Xunta de Galicia ao proxectos como este certame, “un dos referentes do panorama literario galego” que afianzan a posta en valor do talento dos creadores galegos.
No acto participaron tamén, ademais da propia Oriana Méndez, Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación; Mª Teresa Cores, coordinadora de cultura de Afundación; e o presidente do Centro PEN Galicia e presidente do xurado, LuÃs González Tosar.
Licenciada en FiloloxÃa Galega pola USC, Oriana Méndez (Vigo, 1984), iniciou a súa andaina poética no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A súa traxectoria foi recoñecida con galardóns como o Premio de poesÃa Concello de Carral (2014) polo poemario O que precede a caÃda é branco, ou co premio do quinto certame de poesÃa RosalÃa de Castro de Padrón (2019), coa obra O corazón pronúnciase extenso.
O galardónUn total de 27 obras concorreron a esta XVIII edición do Premio de PoesÃa Afundación. O xurado estivo compostos polas escritoras Marica Campo e Eulalia Agrelo Costas, polo xornalista César Lorenzo Gil polo escritor e secretario do xurado, Xabier Castro MartÃnez, e polo presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado, LuÃs González Tosar.
O premio leva consigo a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 6000 euros. Desde a súa creación, en 2002, acadaron este recoñecemento poetas galegos como Xavier Seoane, MarÃa do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luis Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier RodrÃguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, ElÃas Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, EstÃbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo ou Miguel Sande, gañador da anterior convocatoria.