Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo entrega a alumnos da Coruña, Ourense, Santiago e Narón...

Anxo M. Lorenzo entrega a alumnos da Coruña, Ourense, Santiago e Narón os premios do V Concurso de Debuxo Picasso Coruñés

0

O certame, organizado pola Asociación de la Prensa da Coruña coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, repartiu nove galardóns e 23 accésits

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na entrega de premios do V Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, organizado pola Asociación de la Prensa da Coruña (APC), e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo. O certame repartiu un total de nove premios e 23 accésits en tres categorías destinadas a escolares de primaria e da ESO.

Así, o premio Picasso Coruñés ao mellor xornal recaeu en Noa Barral Sánchez (CEIP Raquel Camacho, A Coruña), en Leila García e Simram Vasco (IES Eusebio da Guarda, A Coruña) e en Silvia Codesido, Catalina Di Stasio e Laura Sandre (La Grande Obra de Atocha, A Coruña).

O premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración foi para Simón Vestraeten (Peñarredonda, A Coruña), Sara Calvo (La Purísima, Ourense), e Cristina Bey e Paula Novo (Santiago Apóstol, Narón).

Por último, os estudantes gañadores do premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción foron Pablo Martínez (Peñarredonda, A Coruña), Jorge Estévez (IES Eusebio da Guarda, A Coruña), e Raquel Larrosa, Sonia Larrosa e Paula Peón (La Grande Obra de Atocha, A Coruña).

O acto de entrega de galardóns tivo lugar no salón de actos do IES Eusebio da Guarda, no que Picasso estudou belas artes e cursou a ensinanza secundaria. Ao finalizar a entrega de premios, procedeuse á inauguración no baixo da Casa Picasso dunha exposición dos mellores traballos do concurso.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre