Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo destaca o labor de investigación do libro gañador do...

Anxo M. Lorenzo destaca o labor de investigación do libro gañador do X Certame de investigación Condado de Pallares

0

O director xeral de Políticas Culturais participou esta tarde na presentación de ‘Madriñas de brazos, padriños de pía: apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo (séculos XVI- XIX)’, da historiadora Tamara González

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do libro gañador do X Certame de investigación Condado de Pallares, Madriñas de brazos, padriños de pía: apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo (séculos XVI- XIX), da historiadora Tamara González.

O director xeral destacou a calidade deste traballo que analiza o apadriñamento bautismal e as súas connotacións relixiosas e sociais no suroeste da provincia de Lugo, e fixo fincapé na fonda investigación antropolóxica que desenvolveu a autora.

O Certame Condado de Pallares impulsa a investigación humanística en galego co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Dirección Xeral de Políticas Culturais e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo é favorecer a investigación en galego sobre a arte, a antropoloxía, a lingua ou a etnografía de Galicia a través de estudos que permiten afondar no coñecemento e tamén no recoñecemento dos valores materiais e inmateriais da cultura galega.

Desde a súa creación, este certame premiou traballos realizados sobre diversos ámbitos da cultura galega vinculados aos territorios que no século VI se constituíron baixo o Condado de Pallares e que hoxe abarcaría os concellos de Taboada, Guntín, Portomarín, Chantada e Carballedo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre