Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo destaca a Maruxa Seoane como figura clave na recuperación...

Anxo M. Lorenzo destaca a Maruxa Seoane como figura clave na recuperación de parte do legado cultural de Galicia

0

O director de Políticas Culturais da Xunta participou no acto de apertura da mostra ‘Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López’ na Fundación Granell

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, destacou a Maruxa Seoane como unha figura clave na recuperación de parte do legado cultural de Galicia. Fíxoo durante o acto de apertura da exposición Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López, producida pola Fundación Luís Seoane, e que permanecerá na planta baixa do Museo da Fundación Eugenio Granell ata o 20 de setembro.

A mostra, comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, recolle un proxecto expositivo que profundiza na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira de Luís Seoane e á vez unha figura clave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicou a súa vida á recuperación do legado do artista, un proceso que culminou en 1996 coa creación da Fundación Luís Seoane na Coruña.

Neste sentido, o representante da Consellería de Cultura e Turismo subliñou a Maruxa Seoane como unha “figura fundamental”, que sempre estivo presente no proceso creativo do artista, debuxante e pintor galego e salientou a necesidade de renderlle homenaxe e visibilizar o seu labor. Precisamente, a exposición reúne unha selección de óleos, fotografías, obra gráfica e documentación diversa, así como varias testemuñas que axudan a elaborar o retrato de María Elvira Fernández López.Óleos, debuxos e máis de 200 fotografíasDeste xeito, a exposición recolle, entre outros fondos, óleos e debuxos orixinais de Luis Seoane dedicados a ela ou inspirados nela, óleos e gravados representativos e emblemáticos da Fundación destinada ao artista ou máis de 200 fotografías de Maruxa Seoane e persoas da súa contorna recollidos nun libro creado para a ocasión e a disposición da consulta por parte do público.

Tamén se inclúe unha recreación da súa vivenda, con exposición das pinturas, gravados, debuxos e fotografías dos que se rodeou, moitos deles do propio Luis Seoane pero tamén doutros artistas como Laxeiro, Díaz Pardo, ou Jef Diederen. Do mesmo xeito, recóllese cartografía e contextualización histórica de mulleres destacadas no círculo de amizades da parella, así como fotografías que recoñecidos fotógrafos galegos realizaron de Maruxa Seoane nos últimos anos da súa vida. A mostra conta ademais cun espazo creado para a ocasión no que se proxectará un documental dirixido por Juan de la Colina que ilustra e reflexiona acerca da súa figura.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre