Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo destaca a importancia de manter vivo o teatro de...

Anxo M. Lorenzo destaca a importancia de manter vivo o teatro de títeres na presentación de Titirideza 2019

0

A edición deste ano enmárcase no teatro de barraca e barraquiñas e homenaxeará a Barriga Verde

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival Titirideza 2019, que os días 13, 14 e 15 de setembro encherá as rúas de Lalín con teatro de títeres, monicreques e marionetas.

A edición deste ano enmárcase no teatro de barraca e barraquiñas e homenaxeará a Barriga Verde, pioneiro desta disciplina en Galicia a mediados do século XX. Anxo M. Lorenzo destacou o traballo da organización e destacou a importancia da celebración de Titirideza como vía para reivindicar e manter vivas este tipo de representacións.

Grazas a este evento, os espectadores poderán asistir ás actuacións das compañías Miss Lacé & Roni Flamingo, Adrián Conde, Cal y canto, Viravolta títeres e MaoZorra teatro de marionetas. Todas elas desenvolverán un teatro de proximidade entre público e artistas que favorece a enerxía e a intensidade necesaria para gozar ao máximo deste evento. Os prezos para cada un destes espectáculos oscilan entre un e tres euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre