Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo destaca a capacidade do Festival Internacional de Ourense para...

Anxo M. Lorenzo destaca a capacidade do Festival Internacional de Ourense para impulsar a cultura audiovisual en Galicia

0

O secretario xeral de Cultura da Xunta participou hoxe na presentación da 25ª edición na que participarán 14 películas e 15 curtometraxes

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), un evento organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Verlo co apoio da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, a cita desenvolverase do 25 de setembro ao 3 de outubro cunha programación na que terá especial protagonismo a celebración do seu 25 aniversario.

Durante a rolda de prensa, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade celebrou o primeiro cuarto de século dun dos festivais audiovisuais máis importantes de Galicia ao que se referiu como “unha das citas culturais más destacadas e consolidadas da provincia de Ourense”. “Este é o certame internacional de carácter competitivo máis antigo que se realiza na nosa Comunidade, polo que estou seguro de que nesta edición será quen de superar as especiais circunstancias da pandemia e celebrar unha edición que nos permita abrirnos ao mundo para seguir espallando o noso audiovisual”, salientou Anxo M. Lorenzo.

Un total de 14 películas, das que catro participan fóra de concurso, compoñen a sección oficial que será inaugurada por Amanezca, da galega Lucía Álvarez. Ademais, a edición deste ano conta cunha importante participación galega e española con filmes como Olvido y León, Cartas Mojadas, El Agente Topo, La isla de las mentiras, Luarada e No me espera ninguén. Ademais, a sección oficial do OUFF levará a Ourense longametraxes internacionais como Vivere, Verano del 85, True Mothers, Regreso a Hope Gap, Deux, Corpus Christi e Falling.

O evento tamén albergará a terceira edición do OUFF en Curto, o certame de curtametraxes no que compiten 15 curtametraxes, e do proxecto Fas Muvis: límite 48 horas, un concurso destinado ao fomento do audiovisual galego entre as novas xeracións co fin de aumentar a nova canteira de creadores do país no que seis equipos participan a contrarreloxo convertendo a cidade de Ourense en protagonista.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre