Inicio Galicia Anxo M. Lorenzo asiste á apertura da exposición que recompila 140 obras...

Anxo M. Lorenzo asiste á apertura da exposición que recompila 140 obras realizadas no exilio polo pintor Eugenio Granell

0

A mostra, co título ‘Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros’, permanecerá aberta ao público na Fundación Eugenio Granell

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á inauguración da exposición Homenaxe a Amparo. Retratos de compañeiros no exilio e outros, do pintor surrealista Eugenio Granell na Fundación que leva o seu nome.

A mostra, que conta con 140 obras, fai un percorrido cronolóxico do exilio do artista, que comeza na República Dominicana, onde pinta e debuxa á súa musa, Amparo. Alí tamén coñeceu a outros exiliados españois a quen retratou con gran realismo nos seus traballos, tal e como se pode contemplar nesta exposición. O seu periplo continúa en Porto Rico, o que lle permite coñecer ao Nobel de Literatura Juan Ramón Jiménez e ao pintor José Vela Zanetti, de quen fixo varios retratos. A exposición tamén amosa pinturas realizadas durante as súas estadías en Guatemala, Nova York e no seu regreso a España.

A mostra poderá visitarse na Fundación Eugenio Granell de martes a venres de 11,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 20,00 h. e os sábados en horario de mañá 12,00 h. a 14,00 h. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre