Inicio Galicia Anxo Lorenzo salienta que a Cidade da Cultura comparte co WOS o...

Anxo Lorenzo salienta que a Cidade da Cultura comparte co WOS o obxectivo de ampliar espazos onde amosar a diversidade creativa

0

A Cidade da Cultura afonda nos encontros do ‘Wos Festival’ en propostas de música electrónica xerada por intelixencia artificial

A Cidade da Cultura, a través do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM), volve colaborar co festival de música máis vangardistas de Galicia con estas charlas, con entrada libre ata completar capacidade, presentadas polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Na súa intervención de benvida aos e ás participantes nos encontros, salientou o nexo común entre o WOS e a Cidade da Cultura, “xa que ambos teñen como obxecto ampliar espazos nos que amosar en Galicia a diversidade creativa”.

O responsable de Políticas Culturais da Xunta tamén tirou proveito para remarcar que o Gaiás “é máis que un escaparate da cultura”. Así, lembrou que través do Centro de Emprendemento dáse apoio ás iniciativas de emprendedoras e emprendedores culturais, con preto de 300 proxectos arroupados desde a súa posta en marcha hai seis anos. “É un dos mellores exemplos de éxito destes proxectos é o Work on Sunday, a promotora do WOS Festival, que está integrada no Coworking Gaiás”, salientou Anxo M. Lorenzo.

Coñecer no Gaiás como se crea música con intelixencia artificialA Cidade da Cultura de Galicia está a afondar na música electrónica xerada por intelixencia artificial nunha nova edición dos encontros do WOS Festival, que se están a celebrar esta tarde no Gaiás e baixo o paraugas nominal de WOS Talk x Fest Galicia 2019.

Neste obxectivo compartido do WOS e da Cidade da Cultura de amosar a diversidade creativa, os encontros do festival están a supoñer esta tarde coñecer in situ no Gaiás o proceso de creación de Renick Bell. Este programador e músico asentado en Toquio leva máis dunha década de investigación, na que música electrónica e intelixencia artificial conversan entre si.

Na Cidade da Cultura, Renick Bell está amosar as entrañas do seu set up, dará unha introdución ao seu modo de pensamento e presentará as ferramentas fundamentais para familiarizarse con estas festas asistidas por IA (intelixencia artificial). A súa experiencia está a servir de inmersión nun mundo coñecido desde un enfoque totalmente futurista. Está acompañado nesta presentación por Cristina Checa, directora de proxectos en SokoTech, un laboratorio de innovación social especializado en arte, ciencia e tecnoloxía.

Drew McDowall, pioneiro das primeiras vangardas musicaisAdemais deste referente na experimentación actual entre a música electrónica e a intelixencia artificial, a Cidade da Cultura está a contar nestes encontros coa participación de Drew McDowall, un pioneiro do desenvolvemento das primeiras vangardas musicais en Europa a partir da asimilación dos códigos punk.

No Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia ofrece a oportunidade de conversar e coñecer a traxectoria deste músico escocés, que se caracteriza pola experimentación constante. Para esta charla cóntase coa interlocución do xornalista e escritor César Estabiel. Ambos establecerán un diálogo co obxecto de abarcar e relatar conxuntamente desde os inicios tímidos do músico ata a evolución conceptual e estilística de Coil ou o espectáculo audiovisual que alcanzou con Time Machines con Florence To.

Mesa redonda sobre o futuro dos festivaisA maiores dos encontros con Renick Bell e Drew McDowall, os WOS Talk x Fest Galicia 2019 conta cunha mesa redonda ao redor do futuro dos festivais musicais. Está moderada por Abraham Rivera, director e locutor de Retromanía en Radio 3, colaborador en eldiario.es e Tentaciones de El País, ademais de comisariar exposicións e ciclos en espazos como Matadero, Conde Duque ou CA2M de Madrid.

Nesta mesa redonda participan Alex Nikolov & Paloma Fernández, do festival de arte interdisciplinar Loom, que se celebra na fábrica modernista Utopia126 en Poblenou; Alberto Nerone, en representación de Mutek (Barcelona), cita cultural que aposta sempre pola diversidade e o risco; e Antonio José Albertos Ángel , do certame de exploración audiovisual Volumens (Valencia).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre