Inicio Galicia Anxo Lorenzo participa na presentación do libro ?El Museo Gallego de Arte...

Anxo Lorenzo participa na presentación do libro ?El Museo Gallego de Arte Contemporáneo Carlos Maside?

0

O volume sobre esta institución, que en 2020 celebra o seu cincuenta aniversario, está escrito por Inmaculada Real López, doutora en Historia da Arte

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á presentación do libro El Museo Gallego de Arte Contemporáneo Carlos Maside, no que a doutora en Historia da Arte Inmaculada Real López reflexiona sobre o devir desta institución que en 2020 celebrará o seu cincuenta aniversario.

Trátase dun exhaustivo e detallado estudo sobre o Museo Gallego de Arte Contemporáneo Carlos Maside no que se abordan tamén as aportacións pioneiras que ten realizado esta institución na museoloxía española. Así mesmo, analízanse as influencias internacionais en materia de arquitectura e o concepto de museo. Cómpre destacar que este é o primeiro análise en profundidade que se fai deste centro desde o ámbito da museoloxía.

Unha institución ideada por Luís SeoaneO Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside foi ideado por Luís Seoane en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuña da creación artística contemporánea galega.

Situado nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, librería, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico deste museo é o seu edificio, formado por módulos hexagonais distribuídos en torno a un módulo central.

No edificio expóñense obras de Castelao, xerme do Movemento Renovador, e pezas doutros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto etc; e dos Renovadores, con obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luís Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Poden contemplarse tamén obras de artistas de vangarda coma os pertencentes ao grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ao debuxo humorístico.

A autora desta libro é Inmaculada Real López, doutora en Historia da Arte, diplomada en Estudos Avanzados e máster de Conservación Preventiva de Obras de Arte e Bens Culturais. A súa principal liña de investigación é o patrimonio do exilio, tema que abordou en volumes como El retorno artístico del patrimonio del exilio, El laboratorio de formas y las políticas de la memoria o Cartas de Vela Zanetti a Victoriano Crémer. Epistolario inédito.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre