Inicio Galicia Anxo Lorenzo inaugura en Denver o III Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

Anxo Lorenzo inaugura en Denver o III Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

0

O director xeral de Políticas Culturais destaca que “o galicianismo nortamericano camiña con paso firme incorporando a lingua, literatura e cultura galegas como materia de estudo, formación e investigación e tecendo redes entre científicos”

O director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo, inaugurou hoxe en Denver o III Simposio norteamericano de Estudos Galegos, organizado pola Regis University, a Metropolitan State University of Denver e o Colorado College coa colaboración da Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais. Baixo o título Os estudos galegos avanzando cara ao Oeste. Lingua e cultura galegas na encrucillada, o encontro prolongarase ata este sábado e reunirá a profesores e investigadores que traballan arredor dos estudos galegos en universidades americanas e doutros países de fala anglófona.

Durante a súa intervención, Anxo Lorenzo lembrou os pasos alcanzados polo denominado “galicianismo norteamericano” que, nas súas palabras, na actualidade camiña con paso firme. “Por unha banda –abundou–, na incorporación da lingua, literatura e cultura galegas, en todas as súas manifestacións e dimensións, como materia de estudo formación e investigación. E continúa, por outra banda, a procurar redes, conexións e complificades entre investigadores das universidades norteamericanas, galegas e outras que se van sumando neste proceso paseniño”.

Leer más:  Los empleados de Navantia en Ferrol han aprobado un calendario de movilizaciones para las semanas venideras

O representante da Consellería de Cultura agradeceu a presenza dos participantes deste simposio posto que, coas súas contribucións, “facedes posible a existencia do galicianismo norteamericano”. No acto de inauguración tamén interviñeron a directora do Departamento de Linguas Modernas da Metropolitan State University of Denver, María Akrabova; e a directora do Departamento de Linguas clásicas e modernas da Regis University, Kimberly Habegger.

Tras os pasos de Wisconsin e MichiganEste encontro, que pretende continuar o diálogo multidisciplinar iniciado na Universidade de Wisconsin-Milwaukee en 2014 e na Universidade de Michigan-Ann Arbor en 2016, incluirá paneis e presentacións sobre unha gran variedade de temas, entre os que destacan a lingua, a literatura, a cultura e a identidade en situacións de linguas e culturas minorizadas. Ademais, tamén serán temas de interese a lingua galega, a lingüística, a educación, a literatura e as artes, a historia e a política, os estudos de xénero, a tradución, o medio ambiente, a teoría social, a globalización e a migración.

O programa completo das tres xornadas, que contará coa participación dunha ampla representación de docentes, investigadores, artistas e profesionais galegos, pódese consultar no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/proxectalo/actividades?content=/Portal-Lingua/Axenda/evento_0322.html.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

A Asociación de Linguas Modernas, MLAA MLA de Estados Unidos é a maior corporación académica a nivel mundial e conta, desde a súa fundación no ano 1883, con preto de 28.000 membros en máis de 100 países. No seu seo créanse foros, de acordo cun rigoroso e exhaustivo proceso que concluíu para Galicia en novembro de 2014 cunha sección específica dedicada á lingua e á cultura propias: o Galician Language, Literature and Culture Forum.

A proposta galega, impulsada por Gabriel Rei-Doval, presentouna un comité de docentes e investigadores coas suxestións doutros membros da comunidade académica galega e recibiu numerosos apoios internacionais, así como o máis alto número de adhesións acadado por ningunha das solicitudes feitas no bienio 2013-2014. Este fito marcou un éxito sen precedentes, tanto por canto supuxo para a proxección exterior da lingua, literatura e cultura propias como para a dinamización, recoñecemento e visibilización de Galicia en Norteamérica e no eido das Humanidades no contexto internacional.

Así, a lingua e a cultura galegas incorporáronse oficialmente á MLA na edición 2016 do seu congreso -o máis importante e representativo no ámbito das linguas, das literaturas e das culturas do mundo- que se celebrou en Austin (Texas) en xaneiro dese mesmo ano, no que catro sesións académicas estiveron completamente dedicadas a Galicia para dar conta das relacións literarias, lingüísticas e culturais entre Galicia e o norte de Portugal; do Rexurdimento galego e da produción literaria do s. XIX; de aspectos relacionados coa tradución, co bilingüismo e coa globalización; e do estudo de autores clásicos e actuais considerados de referencia no marco do sistema literario galego.

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

- Te recomendamos -