Inicio Galicia A Coruña Anxo Lorenzo destaca a importancia da arte urbana con fins sociais na...

Anxo Lorenzo destaca a importancia da arte urbana con fins sociais na presentación das Meninas de Canido 2018

0

A novena edición desta iniciativa de intervención na morfoloxía do barrio ferrolán suma actividades a unha cita cultural que é xa referente na comunidade

As Meninas de Canido chegan ao barrio alto ferrolán a vindeira fin de semana, do 31 de agosto ao 2 de setembro, no que vai ser a súa novena edición. Esta iniciativa, que naceu como resposta artística á deterioración dunha área da cidade departamental, suma actividades a unha cita cultural que é xa referente na comunidade galega. Clases maxistrais, música, gastronomía e actividades infantís acompañan o labor dos pintores, que empeza xa o venres pola mañá. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, aproveitou a presentación da iniciativa para destacar a importancia da arte urbana con fins sociais.“Desde a Consellería de Cultura e Educación traballamos para que a cultura sexa accesible e diversa, pero tamén para que contribúa a favorecer a mellora da calidade de vida das persoas, en moitos sentidos”, explicou Anxo Lorenzo. “Por iso estamos orgullosos de colaborar con esta iniciativa na que a arte urbana se orienta a un fin social concreto, cambiar a morfoloxía dunha área urbana deprimida e devolverlle a ilusión á veciñanza”, afirmou o responsable galego de Cultura.

Leer más:  Cristina López Barrio firmará su última novela en la caseta de Gil-Albert durante la Feria del Libro de Alicante

Na presentación das actividades Meninas de Canido 2018 participaron tamén o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; Eduardo Hermida, presidente da Asociación Meninas de Canido e impulsor do proxecto; Fernando Filgueiras, coordinador de RSC de Afundación e Luis Romero, responsable de marquetin de 1906 de Estrella Galicia. A Secretaría Xeral de Cultura colabora coa celebración deste iniciativa que chega á súa novena edición como referente do calendario do verán galego, e que converteu en apenas unha década o barrio alto de Ferrol nun referente internacional de arte urbana.

Unha programación variada para todos os públicosNo ano 2008 o artista Eduardo Hermida decidiu animar as paredes de Canido, o seu barrio, que se atopaba nun estado de retroceso debido á crise, e as Meninas de Velázquez foron a súa inspiración. Os seus amigos pintores e a veciñanza responderon ben á iniciativa, que, unha década despois, medrou ata facer do barrio “un referente internacional da arte urbana”, segundo lembrou Anxo Lorenzo.

A programación deste ano ofrece clases maxistrais de varios grafiteiros, como Toni Espinar, Tmx.artist ou Elrojo, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. Eles deixarán tamén as súas pegadas nos muros do barrio. O fotógrafo Alberto García-Alix impartirá tamén clases maxistrais, en varias sesións, e contará coa presenza doutros 13 recoñecidos fotógrafos que realizarán o seu labor no barrio, como xerme dunha exposición que Afundación está a preparar. Profesionais como Eva Díez, Luís López Gabú ou Malú López, entre outros, sacarán as súas cámaras nas rúas de Canido desde o venres pola tarde.

Leer más:  Juan Carlos I recibe en su casa la visita de la tripulación del 'Bribón' liderada por Pedro Campos

Ademais, a gastronomía terá un lugar moi importante na cita deste ano, con foodtrucks presentes no barrio e demostracións de cociña en distintos momentos da fin de semana. Música, baile, rutas guiadas, poesía e charlas completan unha ampla oferta cultural que animará as rúas do barrio de Canido ata ben entrada a noite do domingo. O pregón correrá a cargo do xornalista ferrolán Man Castro. 


- Te recomendamos -