Inicio Galicia Ángeles Vázquez traslada a Enacom as medidas propostas pola Xunta para frear...

Ángeles Vázquez traslada a Enacom as medidas propostas pola Xunta para frear as ocupacións ilegais en Galicia

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reitera a necesidade de que o Goberno do Estado articule un novo marco xurídico para axilizar os procedementos xudiciais e devolver os inmobles ocupados aos propietarios


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou esta mañá aos representantes do Grupo Enacom, durante unha reunión por videoconferencia, as medidas que propón a Xunta de Galicia para frear as ocupacións ilegais na Comunidade.

A conselleira expúxolles que o goberno galego vén defendo a necesidade de articular -por parte do Estado- un novo marco marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que sirva para disuadir do delito e eliminar a sensación de impunidade entre os veciños. Tamén é preciso garantir axilidade nos procedementos xudiciais cuxo fin é devolver os inmobles ocupados aos seus propietarios.Ángeles Vázquez e os representantes de Enacom mostraron a súa conformidade sobre que a ocupación é un problema de orde pública que xera cada vez maior inquedanza social pero tamén unha crecente inseguridade xurídica entre os propietarios de inmobles, o que repercute na propia dinámica do sector inmobiliario.“Esta situación xa se lle ten trasladado ao Estado” indicou a conselleira, que recordou que ata o momento non obtivo resposta por parte do delegado do Goberno, Javier Losada, á súa petición de reunión para abordar conxuntamente este problema social, así como analizar as posibles vías de traballo conxunto para frear as ocupacións ilegais.

Análise do mercado do alugueiroOutro dos puntos abordados na reunión foi a situación do mercado do alugueiro e as diferentes regulacións que se plantexan tanto a nivel estatal como autonómico. Salientaron que o alugueiro é unha variable macroeconómica con implicacións no aforro e no investimento, polo que é importante explorar vías como incentivar a oferta de vivendas en alugueiro ou reforzar a creación dun parque público de vivendas.

Nese sentido, recordou que a Xunta de Galicia creou hai catro anos -a través dun convenio coa Fegamp- o programa de Vivendas Baleiras, como un instrumento ao servizo dos concellos, que no marco das súas competencias nesta materia son os encargados de adherir vivendas ao mesmo (de titularidade privada ou pública) e adxudicalas. A finalidade principal é mobilizar vivendas baleiras alí onde son máis necesarias, e de xeito moi especial nos grandes concellos galegos. Así, o Goberno galego asume o seguro de impagos, o seguro multirrisco do fogar e a asistencia xurídica e as axudas de rehabilitación e mellora das vivendas adheridasEnacom é unha empresa privada con máis de 15 anos de experiencia no sector inmobiliario e que xestiona máis de 70.000 contratos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre