Inicio Galicia Ángeles Vázquez subliña na XXII Feira do Pemento de Oímbra o valor...

Ángeles Vázquez subliña na XXII Feira do Pemento de Oímbra o valor deste produto para dar a coñecer e dinamizar a comarca

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu este mediodía á Feira do Pemento de Oímbra, unha celebración que cumpre 22 anos poñendo en valor a calidade dun produto recoñecido coa súa propia Indicación Xeográfica Protexida. A carballeira do municipio acolleu o programa de actos, que nesta ocasión incluíu un concurso de cociña co pemento como ingrediente principal e que servirá de base para un receitario no que se recollerán todas as elaboracións.

A conselleira, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou na degustación de pementos que se ofrecía durante a Feira e subliñou a calidade e o sabor inconfundibles dun produto básico e de referencia para a agricultura desta zona, que coa súa calidade contribúe a dinamizar a economía local e serve á vez para dar a coñecer esta comarca ourensá.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre