Inicio Galicia Ángeles Vázquez subliña a importancia da protección da paisaxe na toma de...

Ángeles Vázquez subliña a importancia da protección da paisaxe na toma de posesión de Guillermo Evia como novo director do IET

0


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá a toma de posesión de Guillermo Evia como novo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), un cargo desde o que o animou a continuar co importante traballo que lidera este organismo en materia de protección e posta en valor da paisaxe galega e o territorio.

Pola súa parte, Guillermo Evia agradeceu a confianza depositada pola conselleira e asegurou que porá toda a súa profesionalidade e experiencia en materia urbanística ao servizo do seu cargo. Cómpre lembrar que o novo director do IET é arquitecto superior na especialidade de edificación e conta cun amplo currículo en xestión administrativa municipal, no que destaca a súa etapa coma concelleiro de Urbanismo no Concello de Ferrol.

Leer más:  Yolanda Díaz evita comentar la marcha de Mès con BNG, Bildu y ERC para las europeas y reivindica a la candidata de Sumar

- Te recomendamos -