Inicio Galicia Ángeles Vázquez sinala a formación como garantía dunha caza segura para os...

Ángeles Vázquez sinala a formación como garantía dunha caza segura para os cazadores e sustentable co medio ambiente

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inaugurou o curso sobre a prevención da sinistralidade e seguridade na práctica cinexética, organizado pola Federación Galega de Caza


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta tarde que a formación é una ferramenta para garantir que a práctica da caza sexa segura para os cazadores, así como sustentable e responsable co medio natural.

Así o manifestou esta tarde durante a inauguración do curso sobre a prevención da sinistralidade e seguridade na práctica cinexética, organizado pola Federación Galega de Caza, onde destacou que acceder a unha mellor formación e a unha máxima información sobre os temas actuais relacionados coa actividade cinexética é un valor positivo.

Salientou que a Consellería apoia este tipo de actividades a través dos convenios de colaboración asinados entre Medio Ambiente e a Federación de caza, que supoñen 100.000 euros dende o ano 2016, para apoiar labores de divulgación e de fomento da actividade cinexética, como na que esta tarde participaron preto de 150 cazadores.Ángeles Vázquez afirmou que as novas tecnoloxías están moi presentes no día a día de todos, polo que destacou que se aborde neste curso a contribución das novas tecnoloxías á seguridade na caza, así como outros aspectos relacionados coa seguridade alimentaria.

A conselleira fixo fincapé no labor que os cazadores realizan para o control de determinadas especies, como o xabaril, unha especie cinexética que en 2018 orixinou máis de 1.600 chamadas ao 012 por avisos de danos. Lembrou que para garantir o control da especie, a Consellería introduciu como novidade na tempada de caza 2019-2020 ampliar nun mes o período hábil de caza do xabaril.

Por último, manifestou que a actividade cinexética non é só algo máis que facer no tempo libre, senón que os cazadores desempeñan unha función importante para a sociedade. Nese sentido, recordou que a Consellería traballa nun novo Regulamento de Caza, no que se recollerán as inquedanzas deste colectivo e que se prevé que se aprobe no vindeiro ano.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre