Inicio Galicia Ángeles Vázquez salienta o valor da pesca etnográfica por recuperar unha tradición...

Ángeles Vázquez salienta o valor da pesca etnográfica por recuperar unha tradición deportiva e cultural

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa nun encontro con membros da Asociación de pescadores da anguía do Carrual, que mostraron o seu interese sobre esta modalidade de pesca que se regula por primeira vez de xeito específico na futura Lei de pesca fluvial


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou o valor da pesca etnográfica, xa que cumpre o papel de conservar e recuperar unha tradición deportiva e cultura de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente participou nun encontro con membros da Asociación de pescadores de anguía do Carrual, de Portomarín; aos que lles trasladou que se trata dunha modalidade de pesca que por primeira vez se regula específicamente na Lei de pesca continental, que na actualidade se atopa en trámite parlamentario.

Vázquez Mejuto agradeceu aos pescadores o interese e sobre todo a implicación con esta modalidade de pesca tradicional, que no seu caso capturan anguía nos caneiros dos ríos Miño e Ferreira ao seu paso polos concellos de Portomarín, Paradela, O Páramo e Guntín.

Explicou que -coa regulación por primeira vez na futura norma- búscase distinguilo da pesca deportiva que se practica nos ríos galegos, e darlle unha especial protección a determinadas actividades tradicionais de pesca continental que se practican en Galicia e garantir así o seu futuro e perdurabilidade no tempo.

Outro dos aspectos que destacou a conselleira é que a nova lei incide na simplificación administrativa, unha decisión que responde precisamente a unha demanda do sector e que axilizará e facilitará tanto as comunicacións das capturas como outros trámites que teñen que facer ante a Administración galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre