Inicio Galicia Ángeles Vázquez salienta a postura forte, común e sólida acadada entre as...

Ángeles Vázquez salienta a postura forte, común e sólida acadada entre as comunidades españolas fronte ao cambio climático

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda defende que as políticas medio ambientais non se poden improvisar e deben estar baseadas en criterios de sostibilidade


Luxemburgo, 9 de outubro de 2018.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendeu esta mañá a postura “forte, común e sólida” que acadaron o conxunto das comunidades autónomas española para artellar medidas que teñen por obxectivo mitigar os efectos do cambio climático.

A conselleira de Medio Ambiente interviu esta mañá no Consello de Ministros Europeos de Medio Ambiente, onde destacou o traballo realizado entre as comunidades ao longo dos últimos meses, para hoxe poder intercambiar experiencias cos socios comunitarios e afianzar o traballo de rede das rexións a nivel europeo.

Destacou que as comunidades, para as que Galicia será a súa representante durante este semestre, traballaron con responsabilidade e conscientes de que Europa ten o reto de traballar en rede e desde unha fronte plural, pero común, para encarar os desafíos medio ambientais que se presentan a longo e curto prazo. Defendeu que o lema debe ser “pensa global, actúa local”; unha consigna que guía a acción e o esforzo da Comunidade galega na loita contra o cambio climático e na implantación dun sistema de economía circular.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

A conselleira puxo en valor o traballo das comunidades autónomas para garantir e conservar a biodiversidade actual, e artellar as medidas que eviten a degradación dos solos, a reprodución das especies exóticas invasoras e a contaminación terrestre e mariña. Estas cuestións foron abordadas polos Estados membros, co fin de establecer un convenio para frear a perda de diversidade biolóxica, sobre o que as comunidades acordaron facer o maior esforzo posible nos vindeiros anos para poñer remedio aos principais factores que afectan á perda de diversidade biolóxica, como a perda da calidade do solo, a proliferación de especies exóticas invasoras, a contaminación mariña e terrestre e o cambio climático, e deixar o planeta nas mellores condicións para as futuras xeraciónsAsemade, froito do traballo realizado nos últimos meses, as comunidades acadaron unha postura común en tres puntos, como son unha proposta dun novo regulamento comunitario no que se fixarán normas de emisións de CO2 para vehículos lixeiros (turismos e furgonetas), co fin de aumentar a contribución do transporte nos obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, apostar polo impulso de medios alternativos de transporte e apoiar os incentivos para o uso de vehículos limpos.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

A conselleira tamén trasladou as conclusións sobre a posición da UE na Conferencia das Partes de Cambio Climático (COP 24), que se celebrará en Katowice (Polonia) en decembro, que se resumen no compromiso de apoiar activamente a loita fronte ao cambio climático, contribuíndo a manter a posición de liderazgo da UE de cara a consecución dos obxectivos do Acordo de París e manter a implantación coa axenda climática e enriquecer o debate e a definición de medidas de mitigación; así como promover o diálogo social, desenvolver campañas de formación e concienciación e avanzar en políticas, como a contratación pública verde, na que o Goberno galego leva meses traballando.Ángeles Vázquez salientou que o cambio climático -que xa está a ter efectos sobre a sociedade- é un dos grandes retos aos que se enfronta a sociedade, polo que debe ser unha prioridade para todos; engadiu que as políticas medio ambientais non se poden improvisar e teñen que estar baseadas en criterios de sostibilidade, que teñan en conta as interaccións entre as esferas ambiental, económica e social, así como a eficiencia e o rigor.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

- Te recomendamos -