Inicio Galicia Ángeles Vázquez salienta a calidade e proxección da Denominación de Orixe Rías...

Ángeles Vázquez salienta a calidade e proxección da Denominación de Orixe Rías Baixas na LIX Festa do Viño do Condado do Tea

0

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe a calidade e a proxección acadada polos viños da denominación de orixe Rías Baixas e, máis en particular, polos da subzona do Condado do Tea. Fíxoo no marco da LIX edición da Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebra en Salvaterra de Miño, e na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

A titular de Medio Rural lembrou os principais datos de Rías Baixas, como son a súa superficie cultivada, que pasa das 4.000 hectáreas certificadas, os máis de 5.300 viticultores e 184 industrias que agrupa ou a produción de case 25 millóns de litros, segundo rexistros de 2017. Neste contexto puxo en valor tamén os máis de 1.500 viticultores e as mil hectáreas da subzona do Condado do Tea. 

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

- Te recomendamos -