Inicio Galicia Ángeles Vázquez reúnese cos novos responsables da planta láctea de Meira para...

Ángeles Vázquez reúnese cos novos responsables da planta láctea de Meira para impulsar a súa produción

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano á nova directiva responsable da planta leiteira de Meira (Lugo). Esta instalación foi adquirida recentemente por Naturleite, filial galega da Cooperativa Ganadera del Valle de los Pedroches (Covap), con sede en Córdoba.

O presidente desta entidade, Ricardo Delgado, acompañado por outros responsables da cooperativa, así como por representantes de Naturleite e de Mercadona, presentou á conselleira os seus plans para impulsar esta industria, que pasan por poñela ao cen por cento do seu rendemento, para seguir fornecendo de materia prima á devandita distribuidora de ámbito nacional. A titular de Medio Rural agradeceulles aos directivos o seu compromiso con Galicia e amosou a súa plena disposición a seguir colaborando para impulsar esta iniciativa, pola súa importancia para o sector lácteo da nosa Comunidade.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

- Te recomendamos -