Inicio Galicia Ángeles Vázquez lamenta a falta de resposta do delegado do Goberno para...

Ángeles Vázquez lamenta a falta de resposta do delegado do Goberno para analizar as posibles vías de traballo conxunto para frear as ocupacións ilegais

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que hai 10 días que remitiu unha carta a Javier Losada, para pedir unha reunión dada a maior inquedanza dos veciños sobre as ocupacións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lamenta a falta de resposta por parte do delegado do Goberno, Javier Losada, á súa petición de reunión para abordar conxuntamente o problema das ocupacións. “Hai dez días que esta Consellería solicitou un encontro e ata o momento nos obtivemos resposta por parte do representante do Estado en Galicia”, denunciou a responsable do Goberno galego en materia de Vivenda.

A conselleira indicou que as ocupacións son un problema de orde pública que xera cada vez maior inquedanza social pero tamén unha crecente inseguridade xurídica entre os propietarios de inmobles, o que repercute na propia dinámica do sector inmobiliario. Esta realidade tamén a constatan as comunidades de veciños, que tamén reclaman unha intervención por parte do Estado, como administración competente.

Tal e como manifestou a conselleira, a Xunta ten claro que é o que se debe facer, polo que insta ao Goberno ao endurecemento das penas; polo que é necesario un marco xurídico duradeiro, eficaz e definido que sirva para disuadir do delito e eliminar a sensación de impunidade entre os veciños e á vez, garanta axilidade nos procedementos xudiciais cuxo fin é devolver os inmobles ocupados aos seus propietarios.

Outras medidas que propón a Xunta son que as comunidades de propietarios poidan instar ao desaloxo e que se establezan medidas cautelares nas primeiras horas da ocupación ilegal.

Sinalou que a recente decisión da Fiscalía de ditar unha instrución clara e común para o conxunto do Estado coa que unificar os criterios de actuación fronte ás ocupacións en todo o país é un paso importante pero insuficiente por si soa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre