Inicio Galicia Ángeles Vázquez garante que ningunha planta de residuos se instalará en Galicia...

Ángeles Vázquez garante que ningunha planta de residuos se instalará en Galicia sen cumprir todos os requisitos ambientais

0

A conselleira de Medio Ambiente defende no Parlamento que a comunidade conta cun amplo marco lexislativo e cos instrumentos administrativos axeitados para avaliar o impacto deste tipo de proxectos e decidir sobre a súa autorización

A Xunta garante que ningún proxecto para instalar novas plantas de residuos en Galicia sairá adiante se non cumpre estritamente coas máximas garantías ambientais esixidas pola normativa en vigor. Así o asegurou esta mañá no Parlamento a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen subliñou que Galicia conta á hora de tramitar este tipo de proxectos cunha dobre garantía: unha ampla lexislación urbanística e sectorial e os instrumentos de tramitación máis axeitados para detectar posibles impactos medioambientais.

Este respaldo permítelle á Consellería de Medio Ambiente, tal e como explicou Vázquez Mejuto, decidir con plenas garantías se determinadas propostas empresariais “poden saír adiante ou non”. E por este motivo, asegurou que o seu departamento nunca autorizará a instalación dunha nova planta de residuos ou calquera outro proxecto sometido a tramitación ambiental se hai “o máis mínimo incumprimento ou irregularidade”.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

Así, Vázquez Mejuto explicou que a Lei do Solo (tanto a actual como a do ano 2002) establece que o solo rústico, sempre que non sexa de especial protección, pode acoller instalacións de tratamento de residuos ao considerarse que é a localización máis axeitada para este tipo de actividades. En todo caso, lembrou que os órganos competentes, a través das normativas sectoriais, poden establecer outras limitacións no que respecta á distancia esixible entre estas plantas e asentamentos poboacionais ou grupos de vivendas.

Tamén o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) define e concreta a folla de ruta a seguir por parte das empresas interesadas en proxectar e xestionar novas actividades de xestión de residuos industriais. Neste sentido, Ángeles Vázquez explicou que nel se recollen criterios técnicos, ambientais e sociais sobre a localización de futuras plantas, sempre en consonancia cos “instrumentos de planificación do territorio”.

En todo caso, a conselleira incidiu en que a obriga do seu departamento, como máxima autoridade ambiental en Galicia, é tramitar calquera iniciativa privada que propoña a instalación dunha planta deste tipo “respectando e garantindo a máxima protección” para o medio ambiente e para os veciños. Por iso, engadiu que será durante a tramitación e tras analizar con rigor técnico o proxecto, cando a consellería decidirá non autorizar a proposta se constata que non cumpre con todas as garantías medioambientais que esixe a lei.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Santiago propone a Nicolás González Casares como candidato a las elecciones europeas

Os casos de Teo e SantiagoA modo de exemplo, a conselleira referiuse ao proxecto para a instalación dunha planta de tratamento de residuos no municipio coruñés de Teo, unha iniciativa empresarial cuxa tramitación foi paralizada o pasado mes de setembro pola Xunta en aplicación, precisamente, da normativa en materia de urbanismo e de residuos vixente na comunidade.

Así, Ángeles Vázquez lembrou que foi o informe negativo emitido polo Concello de Teo con relación á compatibilidade urbanística do proxecto o que motivou o arquivo do expediente. Este feito, recalcou, “pon de manifesto que a normativa actual e o planeamento urbanístico son máis que suficientes para evitar a instalación” dunha planta de residuos.

Neste sentido, a titular de Medio Ambiente considerou innecesario impulsar unha modificación lexislativa co fin de tentar resolver problemas puntuais coma este e trasladar novas responsabilidades aos concellos. O papel municipal, insistiu, debe ser velar polo cumprimento da normativa ambiental e urbanística e utilizar os argumentos recollidos na mesma para poñer obxeccións a determinados proxectos industriais se consideran contraproducente para o concello a súa implantación.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

Na mesma liña, a conselleira referiuse tamén ao vertedoiro de Grixoa, no Concello de Santiago, e tras recoñecer a preocupación do Goberno galego pola situación actual desta instalación, anunciou que desde o seu departamento se están a facer os estudos pertinentes aos efectos de valorar a posibilidade de establecer unhas condicións técnicas máis restritivas para o vertedoiro.


- Te recomendamos -