Inicio Galicia Ángeles Vázquez e Francisco Quintela analizan a situación urbanística do concello de...

Ángeles Vázquez e Francisco Quintela analizan a situación urbanística do concello de Coirós

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Coirós mantiveron unha reunión esta tarde na sede da Consellería


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Coirós, Francisco Quintela, mantiveron esta tarde unha reunión en Santiago para analizar a situación urbanística actual do municipio, co fin de analizar as posibilidades para o seu desenvolvemento urbanístico.

O alcalde de Coirós expuxo á conselleira a necesidade de levar a cabo unha modificación da normativa urbanística que rexe na actualidade no Concello, co fin de adaptar a normativa local á realidade municipal nesta materia.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente trasladoulle a colaboración técnica dos representantes e técnicos da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para artellar a ferramenta urbanística que permita ao Concello de Coirós mellorar os usos do solo e facilitar os proxectos que garantan o desenvolvemento económico e social.  

No hay comentarios