Inicio Galicia Ángeles Vázquez destaca que o tecido económico rural de Melide ten repercusión...

Ángeles Vázquez destaca que o tecido económico rural de Melide ten repercusión directa noutros eidos produtivos básicos para os veciños

0

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta tarde na presentación do documental “Melide en boas mans. Crónica dunha vila emprendedora”, onde destacou o peso que ten o tecido económico rural desta vila coruñesa e a súa repercusión noutros eidos produtivos. Acompañada pola alcaldesa, Dalia García, o director xeral de Clun, José Luis Antuña, e o presidente da Asociación de Empresarios da Terra de Melide, Manuel Vázquez, a conselleira destacou a necesidade de seguir apostando por un rural vivo e con diversidade de oportunidades, que o fagan atractivo para os máis novos. Ángeles Vázquez salientou que é preciso igualar as rendas urbanas coas agrarias porque, ao fin e o cabo, Galicia é rural en máis do 98% do seu territorio.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

- Te recomendamos -