Inicio Galicia Ángeles Vázquez destaca que o albergue da natureza do conxunto etnográfico do...

Ángeles Vázquez destaca que o albergue da natureza do conxunto etnográfico do Vilar en Mondoñedo permite o aloxamento de animais de compañía

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou hoxe na inauguración desde proxecto, que tamén implicou a construción dunha Aula da natureza coa que poñer en valor a Ruta Arqueolóxica no Concello ou a Cova do Rei Centolo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá o compromiso dos promotores do Conxunto Etnográfico do Vilar, no Concello de Mondoñedo, co benestar e a protección dos animais de compañía; xa que o Albergue da Natureza permitirá o aloxamento de mascotas.

Así o destacou na inauguración deste proxecto, no que o seu departamento colaborou cun orzamento de 18.000 euros, e que permitiu que o albergue conte con todos os servizos necesarios, como cociña, comedor, baños, servizo de lavadora e secadora, WIFI e calefacción; así como unha Aula da natureza, dende a que poñer en valor a Ruta Arqueolóxica de Mondoñedo e que no futuro -segundo as previsións da administración local- prevé completar cun Centro de Recepción de BTT para actividades en bicicleta de montaña.

Recordou que se atopa nun enclave natural único e privilexiado, na contorna do Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; e ao pé da Serra do Xistral, zona ZEC da Rede Natura 2000 e con altos valores do noso patrimonio natural como os hábitats prioritarios que alberga, como por exemplo a Cova do Rei Cintolo, unha cavidade natural singular de referencia para a espeleoloxía galega.Ángeles Vázquez destacou que este novo espazo será utilizado para a realización de actividades públicas de divulgación ou educación ambiental e terá un uso recreativo baseado na valoración do medio natural como é o caso do turismo de natureza.

Unha vez máis defendeu que a mellor maneira de protexer o medio ambiente é coñecelo, xa que o feito de preocuparse con plena conciencia fomenta a súa conservación e mellora.

Nese sentido, destacou que a finais do mes de agosto (o martes 27 de agosto) entrará en vigor a nova Lei de Patrimonio Natural, que se encargará de realizar unha protección transversal da riqueza natural galega e da súa biodiversidade, coa mira posta na conservación e na sostibilidade.

Por último, destacou que é un texto chamado a protexer e garantir a conservación de todos os valores e elementos naturais que conforman a Galicia verde e azul coa que se identifica á comunidade e que virá reforzar e completar as políticas desenvolvidas nos últimos anos pola Xunta en materia de conservación do medio ambiente e da biodiversidade galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre