Inicio Galicia Ángeles Vázquez destaca o éxito do programa de axudas a promotores para...

Ángeles Vázquez destaca o éxito do programa de axudas a promotores para fomentar o alugueiro de vivenda estable a prezos vantaxosos

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá as obras de construción de máis de 50 vivendas no Concello de Sarria, das que 11 son de nova construción e as 40 da rúa Castelao son unha promoción xa iniciada; polo que co seu remate se evita un caso de feísmo urbano

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá o éxito do programa de axudas a promotores de vivenda en alugueiro co que se garante aos galegos o acceso a un fogar de xeito estable e con prezos vantaxosos.

Así o puxo de manifesto a conselleira de Medio Ambiente durante a vista ás obras de construción de dúas promocións de vivendas en Sarria que se acolleron á primeira convocatoria desta liña de incentivos, dirixida a promotores, concellos e cooperativas para fomentar a vivenda en alugueiro a prezos baixos.

No caso concreto de Sarria, habilitaranse 51 fogares, dos cales 11 son de nova construción e os restantes (40) son inmobles sen rematar localizados na rúa Castelao, polo que coa finalización das obras evitarase un caso de feísmo urbano. Unha vez rematadas as obras, os inmobles serán alugados por un período mínimo de 25 anos e os futuros beneficiarios, familias con ingresos que non superen 3 veces a contía do IPREM, pagarán un alugueiro a un prezo moi vantaxoso.

Asemade, destacou outra das virtudes deste tipo de programas como é o feito de fixar poboación nos concellos e vilas do rural, ao ofrecer novas solucións de vivenda en alugueiro a prezos vantaxosos; ao tempo que é unha maneira de fomentar un urbanismo responsable.

Recordou que a cargo desta primeira convocatoria se ten destinado un orzamento de 2,4 millóns de euros para facilitar vivenda, ademais de en Sarria, nos concellos da Coruña e Ribadeo; polo que se habilitan 100 novos fogares grazas a este programa.

Acceso á vivenda, prioridade do GobernoA conselleira de Medio Ambiente sinalou que facilitar o acceso á vivenda é unha das prioridades do Goberno galego e máis aínda nestes últimos meses, porque moitos galegos se viron afectados a nivel económico pola pandemia da Covid-19.

Ao longo de 2020 se está a mobilizar distintas axudas que suman un importe de 20 millóns de euros, cos que se permite aliviar a situación de 7.000 familias no pago do alugueiro aos que se suman as 3.500 que residen en vivendas protexidas da Xunta de Galicia.

Por último, engadiu que o parque público de vivendas está en expansión, grazas a actuacións de rehabilitación, á colaboración cos concellos e con acordos con entidades, coa a Sareb, para que cedan vivendas que se poidan destinar a alugueiro social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre