Inicio Galicia Ángeles Vázquez destaca a importancia dos controis sanitarios oficiais para que a...

Ángeles Vázquez destaca a importancia dos controis sanitarios oficiais para que a cabana gandeira teña animais de calidade

0

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá en Mondoñedo na entrega de premios do concurso de gando, enmarcado dentro da popular festa das Quendas. Alí destacou a importancia dos controis sanitarios oficiais para conseguir unha cabana gandeira cun estado sanitario de calidade.

Neste senso, a titular de Medio Rural aproveitou para facer un chamamento á prudencia dos gandeiros, á hora de exportar gando doutras comunidades. Así, subliñou que Galicia está oficialmente libre de brucelose bovina, ovina e cabrúa e que xa se solicitou tamén a declaración de Pontevedra como provincia libre de tuberculose. Ángeles Vázquez incidiu tamén en que, grazas a este tipo de feiras, podemos observar e comprobar a calidade das reses galegas, que xa é ben coñecida fóra das nosas fronteiras 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre