Inicio Galicia Ángeles Vázquez defende formar cidadáns con visión crítica para superar as barreiras...

Ángeles Vázquez defende formar cidadáns con visión crítica para superar as barreiras da ocupación do territorio

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta a importancia de conservar o patrimonio construído herdado para unir o pasado, presente e futuro e conformar a identidade dunha comunidade

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá a importancia de educar e formar aos cidadáns desde as idades máis temperás para conseguir cidadáns de futuro con visión crítica e con capacidade de superar as barreiras ou problemas á hora de ocupar o territorio.Ángeles Vázquez asinou esta mañá un protocolo de colaboración do Proxecto Terra, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno galego en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que xa ten máis de dúas décadas de vixencia e que naceu co obxectivo de educar e xerar espírito crítico no alumnado galego, dende educación infantil ata secundaria, a partir da ensinanza da arquitectura e a paisaxe.

Na edición deste ano participan 60 centros educativos, entre os que se atopa o IES de Ames, polo que os alumnos de 3º da ESO tomarán contacto e conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.

A conselleira destacou que con esta aprendizaxe as novas xeracións están a acceder a ferramentas que lles permitirán entender a importancia do patrimonio construído herdado e como a súa conservación permite unir o pasado, presente e futuro e a conformación da identidade dunha comunidade. É dicir, adquiren coñecementos sobre como as intervencións nos espazos vitais que rodean á cidadanía inflúen na calidade de vida.

Nese sentido, destacou que a parte práctica do Proxecto Terra para formalos nun lema clave como é o dereito ao hábitat; polo que abordan distintas propostas para transformar espazos que lles son familiares e comúns, como os patios e zonas de ocio dos centros escolares, a través de unidades didácticas adaptadas ás diferentes idades dos estudantes, que empregan textos literarios e históricos, obras de arte, películas de cine, mapas e cómics para contactar e aprender a ler o territorio.Ángeles Vázquez sinalou que a Consellería ten tamén outras iniciativas no ámbito da protección do territorio dirixidas aos máis pequenos, como é a a primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu; no que participan unha trintena de centros escolares, de distintas etapas educativas, de toda Galicia.É unha iniciativa que puxo en marcha a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), coa que se pretende sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ás nenas e nenos da Comunidade en relación co medio e a intervención e ordenación do territorio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre