Inicio Galicia Ángeles Vázquez avanza que as obras de reforma da contorna do Campo...

Ángeles Vázquez avanza que as obras de reforma da contorna do Campo da feira de Boimorto se licitarán en setembro

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións inspeccionou as obras de humanización da rúa Estrada da Mota, rematadas este verán

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, adiantou esta mañá que as obras para mellorar o estado actual da contorna do Campo da feira de Boimorto se licitarán ao longo do mes de setembro. Así o avanzou esta mañá durante a inspección realizada ás obras de humanización da rúa Estrada da Mota, que remataron este mesmo verán.

Recordou que ambas actuación cumpren cos obxectivos do Plan hUrbe, posto en marcha polo Goberno galego en 2010, para apoiar ás entidades locais con actuacións, que como no caso destas dúas de Boimorto, humanicen os espazos de uso público e promovan o reequilibrio territorial.

A obra que mellorará o Campo da Feira, dotada dun orzamento de máis de 140.000 euros, ten por obxectivo renovar e mellorar a contorna neste punto e tamén da Casa da Cultura, para ordenar a confluencia do tráfico rodado e peonil.

Así, renovaranse as beirarrúas e o pavimento de rodadura para dotar á zona dun pavimento novo, en formigón coloreado, e crear unha zona de estacionamento de vehículos de 510 m2. Tamén se realizará unha canalización soterrada da nova rede de recollida de augas pluviais e a renovación de luminarias e da súa instalación eléctrica.

O parque, situado nas proximidades do antigo Campo da Feira, tamén se acondicionará para embelecerá dito espazo, coa plantación de céspede, colocación de mobiliario urbano, como bancos e papeleiras. Así mesmo, tamén se renovará o pavimento do parque infantil da Casa da Cultura e instalarase unha nova rede de rego para o mantemento do seu xardín.

Estrada da MotaA conselleira de Medio Ambiente tamén destacou a mellora realizada neste viario do Concello, na que se investiron 120.000 euros, grazas a cal se melloraron as infraestruturas existentes, coa definición de novas beirarrúas, renovación do pavimento, reforzouse a instalación eléctrica soterrada e mellorouse a situación dos colectores de saneamento.É dicir, humanizouse a rúa, que presentaba un estado bastante deteriorado, e mellorouse a accesibilidade e a circulación, un aspecto importante pois esta zona acolle servizos importantes e de uso cotiá para os veciños, como por exemplo o centro de saúde.

Vázquez Mejuto explicou que este tipo de actuacións tamén achegan e aumenta o atractivo da vila, tanto para os veciños como para visitantes e peregrinos que coñecen esta vila rural a través do Camiño Norte.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre