Inicio Galicia Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a explorar as saídas profesionais que...

Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a explorar as saídas profesionais que ofrece o ?emprego verde? como sector de futuro

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofreceu esta mañá unha charla sobre cambio climático ao alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo esta mañá un chamamento á xuventude galega para que aposten polas múltiples saídas profesionais que ofrece o chamado emprego verde, un sector en alza na actualidade e no que, incidiu, os mozos galegos poden atopar o seu futuro laboral.

Esta foi unha das mensaxes principais da conselleira ao alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán, no que ofreceu unha charla centrada na loita contra o cambio climático, nos pasos a dar cara a unha transición enerxética xusta e na mellora da xestión dos residuos, tres eidos que, tal e como lles explicou, ofrecen novas oportunidades de emprego e un amplo abano de liñas de investigación orientadas á busca de posibles solucións.

Neste sentido, a responsable galega de Medio Ambiente fixo unha presentación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE), a folla de ruta transversal deseñada pola Xunta para marcar os tempos e planificar as actuacións a executar nesta materia. De feito, explicou que o documento, aprobado o pasado outubro, inclúe metas e obxectivos ambiciosos a medio prazo, como acadar a neutralidade climática na comunidade no horizonte 2050, reducindo para iso as nosas emisións a través dun modelo baseado en fontes limpas, mellora da eficiencia enerxética e sistemas produtivos máis responsables.

En todo caso, a conselleira explicou que a EGCCE tamén prevé medidas a curto prazo a través do Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima 2019-2023, que identifica 170 medidas e reserva máis de 1.250 millóns de euros para combater o quecemento global desde Galicia, unha planificación que a Xunta deberá redefinir cada cinco anos.

Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou o papel clave que están chamadas a xogar as novas xeracións para lograr que ferramentas como a EGCCE ou a futura Lei de Residuos teñan os efectos esperados. “Sodes os rapaces e rapazas coma vós, que empezades a construír o voso propio camiño como adultos, os que tendes a chave para garantir un futuro máis sostible e respectuoso co noso planeta”, asegurou a conselleira, quen lles garantiu que nese camiño atoparán sempre o apoio da Xunta, asumindo a responsabilidade de poñer en marcha as ferramentas e as políticas que demanda a sociedade para afrontar “en clave galega” o reto global de “cambiar” de mentalidade, de forma de consumir e de producir.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre