Inicio Galicia Amplíase o período de presentación de candidaturas para o programa ?Iacobus? de...

Amplíase o período de presentación de candidaturas para o programa ?Iacobus? de mobilidade na Eurorrexión

0

Estaba previsto que o prazo rematara esta semana, pero decidiuse estender ata o próximo 7 de decembro

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal vén de acordar a ampliación do período de presentación de candidaturas para o programa Iacobus-Estadías de investigación. O prazo, que remataba inicialmente o pasado 22 de novembro, estenderase agora ata o 7 de decembro.

O Iacobus alcanza este ano a súa sexta convocatoria, tras varias edicións acadando importantes éxitos no mundo universitario. Ata agora, suma máis de 1.200 demandantes, entre os que foron seleccionados 639 proxectos de investigación en todas as áreas de coñecemento.

Este ano amplíase incorporando aos Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión, co obxectivo de fomentar a cooperación e promover o desenvolvemento conxunto de proxectos de investigación entre as institucións de ensino superior e estes centros, ao tempo que se amplía o campo de mobilidade para estas estadías de investigación.

En total, participan no programa 7 universidades, 4 institutos politécnicos e 22 centros tecnolóxicos a ambos lados da fronteira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre