Inicio Galicia Amparo González gaba a atención especializada que ofrece o programa Medro con...

Amparo González gaba a atención especializada que ofrece o programa Medro con Alcer aos nenos e nenas con enfermidade renal crónica

0

A iniciativa desenvolve unha intervención psicosocioeducativa en menores con esta doenza e as súas familias


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, gabou a atención especializada que ofrece o programa Medro con Alcer aos nenos e nenas con enfermidade renal crónica (ERC). Fíxoo durante a presentación do Encontro de Familias Medro con Alcer que tivo lugar esta mañá en Teo.

Este encontro está dirixido ás familias participantes neste programa pioneiro a nivel nacional e que se puxo en marcha gracias á colaboración da Consellería de Política Social coa Federación de asociacións para a loita contra as enfermidades de ril de Galicia (Alcer).

Amparo González foi a encargada de presentar as xornadas postas en marcha no encontro coa finalidade de informar sobre aspectos relevantes de enfermidade renal cando afecta a menores de idade, compartir experiencias e fomentar o apoio mutuo das familias.

Neste sentido, a directora xeral recordou que Medro con Alcer desenvolveu unha intervención psicosocioeducativa en menores con esta doenza e as súas familias, tratando de comprender, predicir e promover a integración social, axudándolles a adaptarse á enfermidade. Ademais diso, destacou a vontade da iniciativa de modificar aqueles aspectos nocivos da contorna das pequenas e pequenos, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida, así como establecer bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas dentro dos procesos de atención sociosanitaria. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre