Inicio Galicia Amaro Ferreiro e Villanueva conquistan ao público na segunda das seis citas...

Amaro Ferreiro e Villanueva conquistan ao público na segunda das seis citas musicais que compoñen 'Solpores do Museo'

0

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe en Vigo a este novo ciclo musical no Museo do Mar de Galicia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe a unha nova actuación de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia que arrancou o pasado 24 de xullo da man de Baiuca e Presumido. Nesta xornada, os concertos no Museo do Mar de Vigo, un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo e polo que discorre o Camiño de Santiago, correron a cargo de Amaro Ferreiro e Villanueva.

Ambos artistas conquistaron no solpor deste xoves ao público asistente no marco dunha iniciativa que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán. Completan o cartel artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.

O 8 de agosto actuarán o grupo vigués Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, mentres que o día 15 será a quenda de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño. Xa o xoves terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.

Todos os concertos, para os que as invitacións (1.800) esgotáronse en día e medio, están a celebrarse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia comezando as actuacións ás 20,30 h.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre