Inicio Galicia Almuiña visita as obras do Punto de Atención Continuada da Laracha, que...

Almuiña visita as obras do Punto de Atención Continuada da Laracha, que está previsto que comece a funcionar en setembro

0

Nesta nova instalación sanitaria da rede pública galega, o Sergas inviste máis dun millón de euros


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña). A obra, que está a piques de rematarse co obxectivo de que esta instalación comece a funcionar no mes de setembro, supón un investimento por parte do Goberno galego de 1.070.608 euros, e beneficiará a preto de 16.000 habitantes de Laracha e Cerceda, aos que dá cobertura o PAC. Ademais da obra, o PAC contará cun equipamento novo, xa licitado, e dispoñible para a data prevista de apertura ao longo do vindeiro mes de setembro, por un importe de 74.000 euros.

En total, no concello da Laracha aténdese a preto de 10.700 habitantes, dos que, ao redor de 1.200, están en idade pediátrica.

O novo Punto de Atención Continuada da Laracha constrúese ao carón do centro de saúde. Esta instalación da rede sanitaria pública galega terá unha superficie de 613 metros cadrados e contará cunha sala de reanimación e observación, dúas consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha consulta polivalente, recepción, dormitorios e sala de descanso para o persoal de garda, entre outras dependencias.

A infraestrutura visitada hoxe polo conselleiro, permitirá liberar os espazos do centro de saúde para, deste xeito, cubrir as necesidades detectadas para a atención ordinaria.

Eficiencia medio ambientalO obxectivo na construción foi realizar un edificio cun material de orixe natural, cuxo proceso produtivo en relación a outros produtos industrializados ofrece menos residuos, require un baixo consumo enerxético e respecta a natureza e o medio ambiente, e pódese dicir que é 100% renovable.

Tívose, pois, en conta, a eficiencia medio ambiental do edificio, procurando achegarse aos parámetros de consumo case nulo que en breve serán de aplicación obrigatoria para os edificios públicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre