Inicio Galicia Almuiña visita as obras de construción dos novos centros de saúde de...

Almuiña visita as obras de construción dos novos centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, nos que a Xunta inviste máis de 1,5 millóns

0

Estas novas instalacións enmárcanse dentro do plan de mellora da atención primaria que está a levar a cabo o Goberno galego

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe as obras dos novos centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, ambos pertencentes á área sanitaria de Ourense, nos que a Xunta de Galicia investirá en total 1.556.729 euros. Ambas as dúas actuacións enmárcanse dentro do plan de mellora das infraestruturas de atención primaria que está a levar a cabo o Goberno galego.

O novo centro de saúde de Paderne de Allariz terá unha superficie construída de 393 m2, o que supón un incremento de 132 m2, un 50,59% máis respecto á superficie do actual centro de saúde. A construción desta nova infraestrutura de atención primaria, encomendada a Axencia Galega de Infraestrutura, conta cun investimento de 557.305 euros e un prazo de execución de 9 meses.

Segundo o proxecto, o novo edificio sanitario padernés constará dun único baixo andar, con tres zonas claramente diferenciadas. Por unha banda está a área sanitaria, que ocupará a parte central da construción e que será de maior tamaño. A súa dereita estará a zona de persoal e, a esquerda, a das instalacións.

O acceso farase a través dun gran recibidor que permite a espera dos pacientes en caso de choiva. Unha vez dentro, atoparase a recepción, os aseos para acceso do público, a consulta médica, a consulta de enfermería e a área da muller/sala polivalente. No exterior haberá unha zona de aparcamento con capacidade para once prazas, dúas delas para persoas con discapacidade.

O concello de Paderne de Allariz conta con 1.105 tarxetas sanitarias adscritas.

O Pereiro de AguiarPola súa banda, o novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar conta cun investimento de 999.423 euros e un prazo de execución de 16 meses. A nova infraestrutura pertencente á rede sanitaria pública de Galicia terá unha superficie construída de 682,17 m2, o que supón un incremento de 239,17 m2, preto dun 54% máis de espazo respecto ao actual centro.

A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e con espazo para padiolas e recepción, entre outras. Na área de asistencia sanitaria contémplanse tres consulta de medicina, dúas de enfermería, unha consulta da muller, unha sala polivalente e unha sala de espera, entre outras dependencias.

O novo edificio sanitario do Pereiro de Aguiar contará tamén cunha área de persoal, con sala de xuntas, vestiarios e aseos, ademais doutros espazos con servizos comúns (aseos públicos adaptados, almacéns, oficios e instalacións).

A mellora das instalacións, xunto co aumento do espazo dispoñible, posibilitará incrementar a oferta asistencial con novos programas sanitarios de prevención e coidado da saúde.

O actual centro de saúde do Pereiro de Aguiar conta con 3.474 tarxetas sanitarias, das que 275 corresponden a menores de 15 anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre