Inicio Galicia Almuiña remarca que os cambios que necesita a atención primaria son só...

Almuiña remarca que os cambios que necesita a atención primaria son só posibles dende o diálogo e a colaboración das administracións públicas, os profesionais e a cidadanía

0

Segundo o conselleiro de Sanidade, o Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, hoxe aprobado, supón unha aposta pola sustentabilidade dun modelo asistencial no que cremos e que debe manterse para o futuro

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, amósase convencido de que os cambios que necesita o modelo organizativo de atención primaria “son son posibles dende o diálogo e o traballo colaborativo das administracións públicas, os profesionais e a cidadanía”. Así o manifestou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego no acto de inauguración do XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia.

Almuiña dixo que o modelo organizativo de primaria “é un modelo de éxito, que experimentou melloras espectaculares, tanto na capacidade diagnóstica como resolutiva, e que, sen dúbida, contribúe á lonxevidade e calidade de vida que hoxe temos”. Non obstante, neste momento, o conselleiro sinala que “é preciso evolucionar o modelo, mantendo como piar fundamental a preservación da relación médico-paciente”.

O responsable do Sergas remarcou que hoxe mesmo se aprobou, no Consello da Xunta, o Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, documento desenvolvido coa colaboración de todas as categorías profesionais deste nivel asistencial.

Segundo Almuiña, “este plan constitúe unha aposta firme polas persoas, tanto profesionais como pacientes, pola humanización no trato, pola promoción da saúde e a prevención da enfermidade e pola educación sanitaria, así como pola asistencia sanitaria e o traballo comunitario, cunha aposta pola sustentabilidade dun modelo asistencial no que cremos e que debe manterse para o futuro”.

Para o conselleiro de Sanidade, “do mesmo xeito que a construción do Sistema Nacional de Saúde foi unha obra colectiva, as medidas a adoptar en atención primaria pasan inexcusablemente pola participación de todos, tanto a administración nacional, a autonómica e a local, así como a dos profesionais e a cidadanía”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre