Inicio Galicia Almuiña remarca a obriga das institucións públicas por apoiar iniciativas que...

Almuiña remarca a obriga das institucións públicas por apoiar iniciativas que permitan o acceso á atención sanitaria da poboación máis vulnerable dos países empobrecidos

0

O intercambio de coñecementos médicos se presenta, dixo o conselleiro de Sanidade, como unha ferramenta fundamental coa que avanzar en saúde


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña remarcou hoxe, no acto de inauguración do III Congreso de Cooperación Internacional da Organización Médica Colexial de España, a obriga que incumbe en especial ás institucións públicas que deben, en todo momento, “prestar o seu apoio ao desenvolvemento de proxectos que favorezan ao acceso á atención sanitaria á poboación máis vulnerable dos países máis empobrecidos para, deste xeito, mellorar a súa calidade de vida”.

Segundo o conselleiro, “o intercambio de coñecementos médicos se presenta como unha ferramenta fundamental coa que avanzar en saúde, e faise necesario que, como médicos, teñamos a capacidade e o querer compartir todos eses coñecementos que redundarán nunha mellor asistencia sanitaria para todos, en especial para os máis vulnerables”. Neste senso e fundamental, -dixo Almuiña-, “a colaboración entre institucións e organizacións, sempre coa implicación dos profesionais, que son os que posúen o coñecemento e poden compartilo. Na Consellería de Sanidade e no Servizo Galego de Saúde estamos abertos a esta colaboración”, -remarcou-.

Esta solidaridade, podese desenvolver, -proseguíu o conselleiro-, “directamente nos países receptores en que é necesaria a presenza material e humana da nosa cooperación, pero tamén pódese levar a cabo dende aquí, dende os nosos países, promovendo e divulgando a cooperación entre os nosos cidadáns para que, pouco a pouco pero sin descanso, se consiga unha sociedade global máis xusta e solidaria”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre